CCOO urxe o Goberno a garantir a suba salarial acordada do 4,5 % para 2027 ás empregadas e empregados públicos

O sindicato dirixiuse ao ministro Óscar López para solicitar unha resposta expresa sobre o cumprimento do acordo entre Goberno e sindicatos respecto á suba salarial e outras materias

A Consellería corrixe por fin o erro no cálculo de sexenios e titoría do 2025

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP informamos ao profesorado galego de que a Consellería de Educación regularizou as cantidades pendentes e corrixiu o erro aplicado en 2025 no cálculo dalgúns complementos retributivos vinculados ao Acordo sobre medidas de mellora asinado a finais de 2023.
Coa publicación onte, día 26 de xaneiro, da Orde de confección de nóminas para o ano 2026, tamén damos por bos os cálculos para a aplicación da parte fixa da suba para este exercicio.