Xa cobramos a suba retroactiva do 2,5 % de 2025 e a final de mes chega o 1,5 % de 2026

Nestes días vimos reflectido na nómina o aboamento dos atrasos correspondentes á suba salarial do ano 2025 (2,5%), ingresados nunha nómina especial. Ademais, a final de mes percibiremos xa a suba de 2026 (1,5%). Estas dúas subas supoñen un 4,04% con respecto a decembro de 2024.

Balance de subas salariais 2018-2028

II Acordo para a mellora do emprego público e das condicións de traballo (2018-2020)

  • 2018: 1,75%,
  • 2019: 2,25%,
  • 2020: 2%.
  • ➡️ Total acumulado: 6,12% (polo arrastre das subas).

Acordo Marco 2022-2024

  • 2022: 3,5%,
  • 2023: 3,5%,
  • 2024: 2,5%.
  • ➡️ Total acumulado: 9,80% (polo arrastre das subas).

Acordo Marco 2025-2028

  • 2025: 2,5%,
  • 2026: 1,5% fixo (máis 0,5% se o IPC é superior ao 1,5%),
  • 2027: 4,5%,
  • 2028: 2%
  • ➡️ Total acumulado: 11,44% (polo arrastre das subas; considerando un 2% en 2026).

No conxunto 2018-2028, as retribucións do persoal da Xunta incrementaranse un 29,85%.

É normal querer sempre máis, e por iso seguiremos esixindo novas melloras. Pero fronte a quen “o pide todo” sen conseguir avances, CCOO aposta por gañar dereitos e salario con feitos: acordos, negociación colectiva e mobilización para que as melloras se consoliden e se cobren.

Persoal funcionario

Persoal laboral