Este curso en liña está dirixido principalmente ao profesorado de Educación Primaria que desexa afondar no coñecemento do marco normativo, organizativo e pedagóxico dos centros educativos en Galicia, co obxectivo de mellorar a súa práctica docente e a súa participación na vida do centro.
Ao longo da formación, analizarase a lexislación educativa vixente aplicable á etapa de primaria, a organización dos centros docentes e o papel das distintas figuras de coordinación e xestión.
Abordaranse tamén os principais protocolos de actuación que regulan a resposta educativa ante situacións habituais nos centros escolares, así como os plans e programas impulsados pola Consellería como ferramentas de mellora e innovación educativa.
O curso prestará especial atención á atención á diversidade desde unha perspectiva inclusiva, á utilización rigorosa da documentación oficial do centro e á integración de metodoloxías activas e da avaliación formativa e competencial na práctica diaria da aula.
Trátase dunha formación en modalidade en liña (Moodle e unha videochamada final), de carácter práctico e aplicado, orientada a facilitar a transferencia dos coñecementos adquiridos á realidade das aulas e dos centros de Educación Primaria.
- Plataforma de teleformación de CCOO Ensino (Moodle)
- 50 horas
- 60 prazas
- Do 23 de febreiro ao 14 de abril
- Titores: Manuel Martínez Alonso e Rubén Martínez García
- Prazo de matrícula: ata completar prazas
- De balde
- Homologado
Requirimentos para seguir o curso
Para poder seguir o curso sen dificultade será preciso dispoñer de:
- Coñecementos básicos de informática: capacidade para usar un navegador web, realizar buscas en Internet e xestionar arquivos (subir, descargar, gardar).
- Unha conexión estable a Internet.
- Navegador web actualizado: Chrome, Firefox, Safari, Edge, Opera, etc.
- Unha conta na plataforma de teleformación de CCOO Ensino. Se non a tes xa, proporcionaráseche unha vez se formalice a matrícula no curso.
- Ganas de explorar, experimentar e aprender sobre a función docente!
Obxectivos
- Coñecer e interpretar a lexislación educativa vixente en Galicia aplicable aos centros de educación infantil e primaria.
- Comprender a estrutura organizativa dos centros docentes e os roles das distintas figuras de coordinación e xestión.
- Analizar os principais protocolos de actuación nos centros escolares (absentismo, acoso escolar, protección de datos, atención temperá, etc.).
- Actualizarse nos plans e programas impulsados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
- Reflexionar sobre as tendencias actuais en metodoloxía educativa e innovación pedagóxica.
- Identificar e aplicar medidas para a atención á diversidade desde unha perspectiva inclusiva.
- Integrar os principios da avaliación formativa e competencial nas prácticas docentes.
- Utilizar documentación e instrumentos oficiais con rigor técnico e pedagóxico (proxectos educativos, programacións didácticas, documentos de centro…).
Contidos
- Marco legal e curricular vixente aplicable aos centros de infantil e primaria.
- Organización dos centros educativos: órganos de goberno e coordinación, documentos de centro (PE, NOFC, PAT, PXA…) e xestión do tempo escolar.
- Análise e aplicación dos principais protocolos educativos da Consellería.
- Atención á diversidade: medidas ordinarias e extraordinarias, avaliación psicopedagóxica, coordinación cos principais axentes educativos, planificación de apoios…
- Plans e programas da Consellería como ferramentas de mellora educativa e dinamización da vida escolar.
- Metodoloxías e avaliación: enfoques innovadores na práctica docente e avaliación formativa e competencial.
