A Consellería corrixe por fin o erro no cálculo de sexenios e titoría do 2025

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP informamos ao profesorado galego de que a Consellería de Educación regularizou as cantidades pendentes e corrixiu o erro aplicado en 2025 no cálculo dalgúns complementos retributivos vinculados ao Acordo sobre medidas de mellora asinado a finais de 2023.
Coa publicación onte, día 26 de xaneiro, da Orde de confección de nóminas para o ano 2026, tamén damos por bos os cálculos para a aplicación da parte fixa da suba para este exercicio.

Demanda xudicial e análise da evolución do Acordo sobre medidas de mellora

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP queremos anunciar que esta mañá, día 17/06/2025, presentamos perante o servizo de reparto do Decanato dos Xulgados de Santiago de Compostela o recurso contencioso-administrativo contra os incumprimentos do Acordo sobre medidas de mellora.

Polo cumprimento íntegro do Acordo

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP comparecemos publicamente para denunciar a falta de cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo, asinado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. A situación, logo de case un ano e medio da sinatura, esixe unha resposta clara por parte da Consellería e do Presidente da Xunta, que ao fin e ao cabo, foi a persoa que asinou dito Acordo.

Melloremos os soldos nas administracións públicas!

A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.

Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino

Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.