Melloremos os soldos nas administracións públicas!

A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.

Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino

Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.