Asinado o acordo que pon fin ás oposicións obrigatorias para o persoal consolidado
Hoxe, 11 de febreiro, os sindicatos CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF asinamos o acordo coa finalidade de que entre en vigor xa no proceso selectivo de 2026.
Hoxe, 11 de febreiro, os sindicatos CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF asinamos o acordo coa finalidade de que entre en vigor xa no proceso selectivo de 2026.
Este mércores reuniuse a comisión de seguimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, co fin de abordar o cumprimento das materias pendentes
CCOO asina este novo acordo para participar do seu seguimento e asegurar que se cumpre.
As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, CUT, FSIE e SNEP, reuníronse o 10 de novembro de 2025 en aras de acadar unha unidade de acción sindical para dar continuidade ás mobilizacións comezadas nos tres sectores de atención ás persoas: discapacidade, menores e infantil 0-3.
As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego.
Ao igual que sucedeu na folga do 25 de setembro, non tiñamos pensado pronunciarnos ata despois da convocatoria de folga que se fixo sen contar con nós para os días 28 e 29 de outubro. Mais como ocorreu a finais de setembro, cando se pretendeu facer ver que existía un apoio maioriatrio do profesorado galego á folga, as manipulacións que estamos presenciando obrígannos a facer público o noso posicionamento (unha vez máis).
As organizacións asinantes do “Acordo de medidas de mellora” mantiveron contactos coas organizacións políticas con representación no Parlamento de Galicia para emendar a aplicación progresiva deste acordo que xa se incorpora no borrador da Lei de Medidas fiscais e administrativas de Galicia, que “acompaña” a tramitación dos orzamentos autonómicos para o ano 2025.