CCOO asina este novo acordo para participar do seu seguimento e asegurar que se cumpre.
Retribucións
■ Incrementos salariais fixos ata 2028:
- 2025: +2,5 %
- 2026: +2 %. Se o IPC 2026 é inferior ao 1,5 %, a suba será dun 1,5 %.
- 2027: +4,5 %
- 2028: +2 %
■ Suba total do 11,4 %, sumando o arrastre do incremento das retribucións
- En apenas trece meses (xaneiro de 2027), as nóminas veranse incrementadas un 9 %.
- En decembro, ou na nómina máis próxima, as persoas empregadas públicas recibirán os atrasos do incremento dun 2,5 % de 2025.
É un acordo principalmente retributivo, aínda que recolle outros aspectos
- Revisión de clases pasivas, fenda de xénero e mutualismo.
- Revisión á alza de complementos de residencia e insulares e indemnización por razón de servizo.
- Implantación e actualización de plans de igualdade logo da negociación colectiva. Protocolos fronte ao acoso sexual e violencia de xénero garantidos a través da negociación colectiva. Transparencia salarial e eliminación de fendas. Políticas para garantir a non discriminación das persoas LGTBIQ+. Espazos de traballo seguros, inclusivos e respectuosos. Medidas e programas que aseguren a igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas con discapacidade.
- En saúde laboral e benestar. Plans de prevención actualizados. Protocolos fronte a agresións e apoio psicolóxico. Execución de medidas fronte aos riscos psicosociais e climáticos.
- Compromiso de formación das empregadas e empregados públicos en competencias dixitais e IA, básicas, intermedias e dixitais. Difusión de dereitos dixitais e desconexión dixital. Activación do Observatorio do Emprego Público, con participación sindical, como instrumento para a análise e diagnóstico do emprego público, informes sobre procesos selectivos e temporalidade, e cunha sección específica para igualdade e diversidade.
- Comisión de seguimento: creación en 15 días. Grupos de traballo: igualdade, dixitalización e IA, saúde laboral e emprego público.
Desde a Federación de Ensino de CCOO valoramos este acordo marco como unha oportunidade para avanzar cara a unha Administración pública digna, estable e eficaz. Non obstante, lembramos que os compromisos adquiridos tanto no presente acordo coma no Acordo marco para una Administración do século XXI –xubilación parcial anticipada, redución da temporalidade, xornada de 35 horas, clasificación profesional, consolidación de emprego e condicións retributivas dignas– só terán verdadeiro valor cando se implementen de forma íntegra, transparente e sen demoras.
Esixímoslles, por tanto, ao Goberno e ás Administracións que actúen con responsabilidade, que cumpran de xeito inmediato o pactado e abran canto antes os procesos de diálogo necesarios para completar os aspectos aínda pendentes. Manterémonos vixiantes e mobilizados se non se materializa o acordado, porque a nosa obriga é defender os dereitos das traballadoras e os traballadores públicos.
