A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.