A neutralidade institucional e os dereitos das persoas usuarias e traballadoras están por riba de calquera acto electoral

Insistimos en que os actos electorais no HC San Rafael non poden comprometer a neutralidade, a liberdade de decisión das persoas con discapacidade nin os dereitos laborais. A actividade partidista debe permanecer separada da actividade asistencial do centro, sen excepcións.

CCOO Ensino sobre o acto electoral no HC San Rafael de Vigo

O PP pretende facer campaña electoral no HC San Rafael de Vigo, un centro de atención a persoas con discapacidade financiado con fondos públicos. Desde CCOO Ensino advertimos: os dereitos das persoas usuarias e traballadoras deben estar por riba de calquera interese partidista.

Rexeitamos o uso inxustificado da forza para reprimir o dereito constitucional de folga e a liberdade de expresión

CCOO rexeitamos a actuación policial inxustificada e desproporcionada contra un piquete informativo na Universidade Complutense de Madrid. Esiximos explicacións, a depuración das responsabilidades que correspondan e garantías para o exercicio efectivo do dereito fundamental de folga, a liberdade sindical e a liberdade de expresión nos campus universitarios.

CCOO e UGT rexeitamos o uso da forza nas manifestacións da folga do profesorado en Madrid e pedimos explicacións ao Ministerio do Interior

CCOO e UGT rexeitamos as cargas policiais durante a folga do profesorado en Madrid e esiximos explicacións ao Ministerio do Interior e garantías para o exercicio dos dereitos fundamentais.