Folga xeral do 11 de novembro: coñece os teus dereitos

O 11 de novembro está convocada unha folga xeral de 24 horas. Desde CCOO explicamos os dereitos do persoal universitario antes, durante e despois da xornada: comunicación previa, servizos mínimos, teletraballo, piquetes informativos, descontos salariais e protección fronte ás represalias.

Rexeitamos o uso inxustificado da forza para reprimir o dereito constitucional de folga e a liberdade de expresión

CCOO rexeitamos a actuación policial inxustificada e desproporcionada contra un piquete informativo na Universidade Complutense de Madrid. Esiximos explicacións, a depuración das responsabilidades que correspondan e garantías para o exercicio efectivo do dereito fundamental de folga, a liberdade sindical e a liberdade de expresión nos campus universitarios.