Rolda de prensa da folga do 10N no ensino concertado

Desde CCOO Ensino chamamos a todo o persoal do ensino concertado galego a secundar a folga do 10 de novembro. Denunciamos o incumprimento dos acordos, o bloqueo da negociación colectiva e uns servizos mínimos inxustificadamente restritivos. Esiximos respecto polos dereitos laborais do sector.

Folga xeral do 11 de novembro: coñece os teus dereitos

O 11 de novembro está convocada unha folga xeral de 24 horas. Desde CCOO explicamos os dereitos do persoal universitario antes, durante e despois da xornada: comunicación previa, servizos mínimos, teletraballo, piquetes informativos, descontos salariais e protección fronte ás represalias.

Servizos mínimos para a folga do ensino concertado: denunciamos a proposta abusiva da Consellería de Educación

Denunciamos a proposta abusiva de servizos mínimos da Consellería para a folga do 10N no ensino concertado e esiximos unha negociación real na mesa tripartita.

«Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais»

Na rolda de prensa de hoxe, na que se anunciou a folga do ensino concertado deste mércores 9 de setembro, desde CCOO Ensino deixamos claro que non falamos de modelos educativos, senón de dereitos laborais, igualdade salarial e cumprimento dos acordos asinados.

O 0-3 sae á rúa para esixir condicións dignas, recoñecemento e solucións

CCOO participou na concentración convocada no marco da folga estatal do primeiro ciclo de Educación Infantil para reclamar condicións laborais dignas, recoñecemento profesional e unha aposta real por unha etapa educativa pública, gratuíta e de calidade.

Desde CCOO denunciamos o carácter abusivo e desproporcionado dos servizos mínimos impostos para a xornada do 7 de maio

Unha vez máis, as distintas administracións públicas, independentemente da súa cor política, confunden «servizos esenciais» co mantemento da actividade escolar ordinaria. A imposición de servizos mínimos que alcanzan o 50 % en comunidades como Castilla-La Mancha ou Extremadura, ou dunha educadora por unidade en Murcia e Castilla y León non busca protexer a seguridade dos menores, senón desactivar o impacto da … Ler máis