Esixencia de convocatoria inmediata da Mesa Tripartita do Ensino Concertado

As organizacións sindicais reclamamos ao conselleiro a convocatoria inmediata da Mesa Tripartita do Ensino Concertado e a apertura dun calendario real de negociación. Ante a falta de resposta da Consellería, anunciamos novas xornadas de folga os días 6 de outubro, 10 de novembro e 15 de decembro.

Carta aberta a toda a comunidade educativa da ensinanza concertada de Galicia

A comunidade educativa do ensino concertado de Galicia inicia o curso reclamando á Consellería a apertura inmediata da Mesa Tripartita, o cumprimento dos acordos pendentes e a homologación das condicións laborais e salariais. As organizacións sindicais anunciamos mobilizacións, unha folga parcial e concentracións o 9 de setembro.

Acordo de xubilación parcial no ensino concertado de Galicia

Onte, xoves, 13 de novembro de 2025, celebrouse a reunión da Mesa Tripartita para valorar a última proposta de Acordo de xubilación parcial da Consellería de Educación.

CCOO Ensino manifestamos que, en exercicio de responsabilidade e por ser unha reivindicación dos e das docentes, asinaremos esta proposta definitiva.