CCOO Ensino solicita unha reunión coa nova conselleira de Política Social

Unha vez coñecido o nomeamento de Ángeles Vázquez como nova conselleira de Política Social, a Secretaria Xeral de CCOO Ensino, Noelia Sánchez Vaamonde, solicitou formalmente unha reunión con ela para abordar as principais problemáticas que afectan os sectores de Menores, Discapacidade e Educación Infantil de 0 a 3 anos.

Fabiola García marcha a Madrid deixando unha Consellería de Política Social que lles dá as costas ás traballadoras e aos traballadores

A marcha de Fabiola García a Madrid é unha boa ocasión para facer balance dun mandato marcado pola falta de diálogo, o desprezo á representación legal das persoas traballadoras e a ausencia de respostas ás reivindicacións dos sectores de Discapacidade, Menores e Educación Infantil 0-3.

CCOO Ensino traslada ao PSdeG as reivindicacións pendentes do ensino e dos sectores socioeducativos

Nas últimas dúas semanas, CCOO Ensino mantivo dúas reunións co grupo parlamentario do PSdeG para abordar a situación do ensino público non universitario, do Persoal de Apoio Educativo, do persoal do ensino privado e concertado e dos sectores socioeducativos.

2 de abril – Concentración pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores

Este mércores 2 de abril, CCOO Ensino convoca unha concentración, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.

Relación de persoal opositor que superou os procedementos selectivos de 2023

ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se fai pública a relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de … Ler máis