Este mércores 2 de abril, CCOO Ensino convoca unha concentración, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.
Os feitos acontecidos hai escasas semanas en Badaxoz, onde se produciu a tráxica morte da nosa compañeira mentres cumpría co seu labor de protexer menores en risco é un feito que non pode volver a suceder. É o reflexo dun sistema fráxil e que despreza a seguridade das persoas que sostemos os servizos públicos esenciais. A súa morte dóenos, pero tamén nos obriga a alzar a voz:
ESIXIMOS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS, RECURSOS SUFICIENTES E A FIN DA EXTERNALIZACIÓN QUE PON EN RISCO AS NOSAS VIDAS!


