A precariedade nos centros de menores: un sistema que pon en risco a vida das persoas traballadoras
Non podemos permitir que se sigan adxudicando servizos esenciais a entidades que recortan na seguridade dos seus empregados e empregadas.
Non podemos permitir que se sigan adxudicando servizos esenciais a entidades que recortan na seguridade dos seus empregados e empregadas.
Desde a Federación de Ensino de CCOO queremos facer pública a nosa profunda indignación pola falta de resposta e o persistente silencio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ante a nosa solicitude formal de reunión.
Este mércores 2 de abril, CCOO Ensino convoca unha concentración, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.
O 19 de setembro de 2024, a Federación de Ensino de CCOO asinou o que será o V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil de Protección de Menores.