Retribucións en centros asistenciais e centros especiais de emprego
XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
En abril iniciábase, no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), un proceso no que, tras seis reunións, o órgano de mediación fai unha proposta de contido de convenio co obxecto de sometela á ratificación interna de cada organización antes do 11 de outubro.
Animámoste a que te sumes a esta iniciativa compartindo os vídeos e movendo a protesta nas RRSS, co obxectivo de presionar á patronal e tratar de desbloquear as negociacións do convenio dos centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.
XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
O día 17 de abril celebrouse unha reunión no Sistema Interconfederal de Mediación e Arbitraxe, que nos permitiu trasladar aos mediadores as nosas propostas retributivas e de melloras sociais.
As persoas traballadoras dos centros de educación especial, dos centros especiais de emprego e dos centros de atención a persoas con discapacidade que atendemos en centros de día, centros ocupacionais, residencias e centros de atención temperá, entre outros, esiximos condicións dignas que estean á altura da profesionalidade coa que prestamos os nosos servizos.
Na reunión do 4 de abril sobre o XVI Convenio Colectivo de Atención a Persoas con Discapacidade, CCOO presentou propostas para mellorar as condicións salariais fronte ás dificultades xeradas pola suba do SMI.
CCOO da por concluída a reunión do 19 de marzo ao pouco de empezar porque a proposta patronal chegou dúas horas antes do comezo. A próxima reunión, o 4 de abril. Reafirmámonos na idea de seguir mobilizando o sector con novas concentracións.
Concentración en protesta pola negociación do convenio. Martes, 12 de marzo. 11:30. Rúa do Vilar, 54 (diante da CEG). Santiago de Compostela
Nas negociacións do Convenio de atención á discapacidade, CCOO atopouse, de novo, coa falta de interese da patronal. A reunión do 7 de febreiro non trouxo melloras significativas, malia presentar propostas para modificar aspectos clave, como os artigos 29.2 e 32. A falta de compromiso das patronais, especialmente na última sesión, leva a considerarmos accións futuras para impulsar a negociación.