XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
En abril iniciábase, no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), un proceso no que, tras seis reunións, o órgano de mediación fai unha proposta de contido de convenio co obxecto de sometela á ratificación interna de cada organización antes do 11 de outubro.
De ser ratificada esa proposta, as partes comprométense a acordar un calendario de reunións para redactar o texto definitivo do Convenio Colectivo e fíxase o 29 de novembro de 2024 para o seu asinamento.
Actualizacións salariais (centros asistenciais e centros especiais de emprego)
- O 1 de xaneiro de 2025 incrementaranse os salarios base nun 10 %, manténdose o N1 e o N2 ao 9,2 % e 7,2 % do salario base actualizado.
- O 1 de xaneiro de 2026, a actualización salarial será o resultado de incrementar o salario base de 2025 nun 1,50 %.
- O 1 de xaneiro de 2027, a actualización salarial será o resultado de incrementar o salario base de 2026 nun 1,50 %.
- Establécese o salario base de operario/a en 1000 euros en 2025.
- O 1 de xaneiro de 2028, as persoas traballadoras que cumpran os requisitos establecidos devindicarán un N3 do 2,75 % sobre o salario base de 2028. Os requisitos de devindicación estarán vinculados á permanencia de tres anos tras a devindicación do N2 e a realización da formación prevista pola empresa.
- A partir do 1 de xaneiro de 2028, a actualización salarial anual, salvo que as partes adopten outro acordo no prazo de seis meses, tras a denuncia do convenio, será o resultado de incrementar o salario base coa porcentaxe de IPC (inflación) do ano anterior, garantindo un mínimo do 1,5 % anual cun tope do 4 % anual. Desta maneira, respéctase a filosofía do artigo 32 ao establecerse unha cláusula anual de revisión salarial e garántese a non perda de poder adquisitivo.
- Con data do 1 de xaneiro de 2025, créase un complemento retributivo para persoal operario, persoal auxiliar técnico e persoal técnico que oscilará entre os 15 € e os 40 €, coa finalidade de evitar solapamentos; aboaranse mentres estes existan.
Negociación de acordos autonómicos
En desenvolvemento do establecido no artigo 4.4 do Convenio Colectivo, nas comunidades e cidades autónomas poderanse alcanzar acordos sobre as seguintes materias:
- Complementos retributivos de toda índole.
- Premio por xubilación e paga extraordinaria por antigüidade en centros educativos.
- Mantemento do emprego para os centros educativos que extinguen unidades pola non renovación de concertos educativos.
- Configuración e dotación económica dos equipos directivos dos centros educativos acollidos a este Convenio Colectivo.
- Medidas que favorezan a redución de xornada de traballo do persoal que presta servizos nos centros asistenciais.
- Redución de xornada laboral lectiva do persoal docente dos centros educativos.
Importe da quilometraxe
Incremento da quilometraxe de 0,19 €/km a 0,26 €/km
Festivos
Actualización do importe a 3,85 €/hora
Excedencia por violencia de xénero
Establécese unha excedencia para vítimas de violencia de xénero cunha duración de entre tres meses e un ano, e reserva do posto de traballo.
Excedencia voluntaria con reserva de posto de traballo
As persoas traballadoras que desexen dedicarse á mellora da súa formación ou ao seu perfeccionamento profesional poderán solicitar unha excedencia voluntaria dun ano de duración con reserva do posto de traballo, sempre e cando acrediten oito anos de exercicio activo na mesma empresa. Cando este perfeccionamento sexa consecuencia da adecuación da empresa a innovacións, o período esixido de exercicio activo quedará reducido a catro anos.
No resto dos casos, a excedencia voluntaria rexerase conforme o Estatuto dos Traballadores. Non obstante, as partes poderán pactar, de mutuo acordo, un período de duración de reserva do posto de traballo.
Vacacións
Posibilidade de gozar tres dos 25 días de vacacións no momento en que a persoa traballadora o considere, con preaviso de 10 días e suxeito á viabilidade da prestación do servizo.
Outros
Incorpóranse melloras derivadas da lexislación vixente e da xurisprudencia no complemento de nocturnidade, no permiso parental e nas ausencias xustificadas.
Unha vez finalizado o proceso de mediación, no que o sindicato participou activamente formulando melloras e establecendo límites ante determinadas pretensións patronais, CCOO somete a proposta a unha consulta entre a súa afiliación, delegados e delegadas co obxecto de determinar a nosa posición respecto ao asinamento do novo Convenio Colectivo.