O 19 de setembro de 2024 celebrouse a reunión da Comisión de Persoal ordinaria na que, ademais da aprobación das actas de reunións anteriores, se trataron os seguintes puntos da orde do día:
1.- Modificación da relación de postos referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo da administración xeral (subgrupo C1), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste caso o noso voto foi A FAVOR xa que é unha modificación puntual da RPT para dar cumprimento a unha sentencia.
2.- Modificación da relación de postos referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo superior da administración xeral (subgrupo A1) e no corpo auxiliar (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste caso o noso voto foi A FAVOR xa que está modificación segue as pautas do acordo de concertación social asinado por esta organización sindical e eigue as liñas de anteriores RPT de funcionarización. E ademais, todos os postos afectados incrementan as súas retribucións ao non incluírse ningún complemento de funcionarización.
3.- Rogos e preguntas.
A Directora Xeral deu conta dos seguintes temas a preguntas polas organizacións sindicais: Concursos da axentes forestais e gardacostas: están analizando as solicitudes.
- Concurso de traslados: en futuras mesas dará máis información ao respecto pero que a situación a día de hoxe non mudou con respecto a facilitada anteriormente. Seguen a traballar nas diferentes fases dos diferentes concursos.
- Toma de posesión estabilización Lei 20/21: o sistema de provisión dos postos será destino provisional.
- Con respecto aos auxiliares coidadores que están ocupando postos en adscricións temporais comunicounos que estas se están prorrogando e si hai algunha incidencia ao respecto que se dea conta da mesma e se estudará caso por caso.
- Toma de posesión das 55 prazas de auxiliares de enfermería derivadas da OPE de 2021: están analizando os postos para poder ofertar os mesmos para a toma de posesión pero non poden facilitar una data concreta.
- No tocante aos procesos enxeñeiros de montes e forestais indicounos que nas vindeiras semanas publicarían os baremos provisionais e que estaban analizando as prazas que ían ofertar para a elección de destino.
- Para finalizar, comunicounos que estaban tramitando contratacións de persoal investi-gador nas fundacións, segundo o establecido na lexislación vixente.