XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
O día 17 de abril celebrouse unha reunión no Sistema Interconfederal de Mediación e Arbitraxe, que nos permitiu trasladar aos mediadores as nosas propostas retributivas e de melloras sociais.
Tras identificar as necesidades e propostas dos bancos sindical e patronal, a mediación aprazouse ata o próximo 17 de maio, data na que as patronais terán que presentar ás organizacións sindicais unha proposta que poida facilitar un acordo.