Campaña nas Redes Sociais por un convenio digno en discapacidade

Como informabamos onte, o pasado mércores, 17 de abril, produciuse unha reunión na que non houbo avances, convocándose un novo encontro para o 17 de maio. 😤

Ante o inmobilismo nas negociacións que está a sufrir o sector, UGT Servizos Públicos e CCOO iniciamos unha campaña en redes sociais.

Animámoste a que te sumes a esta iniciativa compartindo os vídeos e movendo a protesta nas RRSS, co obxectivo de presionar á patronal e tratar de desbloquear as negociacións do convenio dos centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

POR UNHAS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS‼️
ÚNETE E COMPARTE A MENSAXE‼️

Máis información: ccooensino.gal – Negociación do XVI Convenio de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade – 17/04/2024