Relación de persoal opositor que superou os procedementos selectivos de 2023

ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se fai pública a relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022.

Prazo de presentación: 20 días hábiles dende día seguinte a publicación en DOG (do 24 de agosto ao 20 de setembro de 2023, ambos incluídos).

Documentación a presentar:

Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

Declaración responsable conforme o modelo que figura como anexo XVII, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia neste enlace 
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/21629788

Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de denegar expresamente a consulta ao facer a inscrición no procedemento selectivo.)