CCOO esiximos garantías reais de estabilización para o profesorado do programa María Goyri

CCOO reclamamos garantías de estabilización para os 3 400 profesores e profesoras axudantes doutores do programa María Goyri. Esiximos financiamento suficiente, a sinatura das addendas para completar os seis anos de contratación e compromisos reais das administracións para consolidar as prazas e garantir a continuidade profesional.