Oferta formativa de CCOO Ensino para o curso 2026/27

CCOO Ensino presenta a súa oferta formativa para o curso 2026/27, cunha programación pensada para acompañar o profesorado nas distintas etapas da súa carreira docente e ofrecer ferramentas útiles para o traballo nos centros educativos.

Os cursos desenvólvense principalmente en modalidade a distancia a través de Moodle, agás aqueles indicados como telepresenciais, que se realizarán mediante Google Meet.

A matrícula ten un custo de 2 € por hora para persoas non afiliadas e é de balde para persoas afiliadas a CCOO.

1º trimestre

Comezar con bo pé: claves para a xestión eficaz do departamento de orientación

Presente e futuro: claves para a túa carreira docente

Transformar para educar: normativa, organización e innovación educativa en Infantil e Primaria

2º trimestre

Presente e futuro: a memoria de prácticas

Cine e emocións: recursos didácticos para FP Básica

Creatividade en movemento: domina a produción audiovisual co teu smartphone

Mobilidade docente internacional: oportunidades profesionais na acción educativa no exterior

  • Datas: do 13/02/2027 ao 20/02/2027
  • Horas: 14
  • Modalidade: telepresencial, Google Meet
  • Prazas: 50
  • Custo: 28 € para persoas non afiliadas / de balde para afiliadas
  • 👉 Toda a información
  • 👉 Formulario de inscrición

3º trimestre

Produtividade e creatividade na nube con Canva

Transformar para educar: normativa, organización e innovación educativa en Secundaria