Curso en liña: a función pública docente na etapa de educación primaria 2026. Supostos prácticos

Telepresencial por Google Meet. 12 horas.

‌ Horario:

  • Luns 8, mércores 10 e xoves 11 de xuño
  • De 17:00 a 21:00

‌Custo:

  • De balde

Prazas: 50

‌Prazo de matrícula: ata completar prazas.

Homologado.

Para recibir o certificado de participación, deberás asistir ao 85% da duración do curso.

‌Formulario de inscrición

RELATORES

  • Martínez Alonso, Manuel
  • Martínez García, Rubén

OBXECTIVOS

  • Coñecer a organización e o funcionamento dos centros docentes de Educación Infantil e primaria segundo a lexislación vixente.
  • Dominar os principais protocolos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en materia educativa.
  • Comprender o marco legal e as principais actuacións en relación coa atención á diversidade e a inclusión educativa.
  • Desenvolver destrezas para a resolución de supostos prácticos vinculados á función docente.
  • Coñecer o rol e as obrigas da función pública docente no contexto do concurso-oposición.

CONTIDOS

  • Organización e funcionamento do centro educativo: órganos de goberno e coordinación, funcións e principais documentos institucionais.
  • Protocolos da Consellería: acoso escolar, identidade de xénero, benestar emocional, transporte, comedor, confidencialidade e protección de datos.
  • Atención á diversidade: marco legal, NEAE, medidas ordinarias e específicas, plans individualizados e coordinación cos servizos de orientación.
  • Resolución de supostos prácticos: análise de casos reais vinculados á práctica docente no contexto do proceso selectivo.