Oposicións

AVISO IMPORTANTE!

12.4. Segunda proba.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, nas que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas. Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os seguintes currículos:

No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato:

 Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma. Non poderá realizarse a programación dos seguintes módulos de formación profesional: Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo, Dixitalización aplicada aos sectores produtivos,  Afondamento nas competencias profesionais, Inglés profesional, Habilidades comunicativas en lingua estranxeira, Formación en centros de traballo, Proxecto, Proxecto intermodular e Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa.

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Asemblea informativa sobre a inscrición nas oposicións:
Previsión de reparto de prazas por corpo e especialidade (2026): 

Novidades sobre oposicións:

Mesa Sectorial sobre a Oferta Pública de Emprego (OPE) e as Oposicións de 2024

Desde CCOO Ensino consideramos que tanto a OPE como a convocatoria de oposicións representan unha ocasión perdida para repor realmente as xubilacións producidas no profesorado galego ao tempo de manter as taxas de interinidade arredor do 5 % do profesorado, obxectivo este que aparece marcado na base primeira do “Acordo de interinos/as”.