CCOO Ensino celebrou hoxe o seu Consello Federal en Santiago

Hoxe celebrouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago o Consello Federal de CCOO Ensino. Á sesión deste órgano acudiron delegadas e delegados de todas as comarcas de Galicia en representación dos distintos sectores de Ensino Público, Ensino Privado, Docentes de Relixións, Persoal de Servizos Educativos e Complementarios (PSEC) e Universidade. Na reunión aprobouse o Informe da Secretaría … Ler máis

Inadecuada aplicación do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado galego

Tras a xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora celebrada o venres 21 de xuño, as organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, queremos deixar constancia da valoración que facemos da aplicación do devandito acordo para o curso 2024/25.

CCOO amosa o seu rexeitamento á facultade da saúde de Abanca

O Sindicato Nacional de CCOO e a Federación do Ensino de CCOO amosan o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de autorizarlle á universidade privada de Abanca a creación dunha facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde. Esta decisión corrobora o que o sindicato leva anos denunciando: que a autorización desta institución era un paso para privatizar o ensino universitario galego.

CCOO Ensino reúnese coa Consellería de Educación para trasladar as nosas propostas de mellora para o sistema educativo galego

Representantes de CCOO Ensino mantiveron hoxe unha reunión co Conselleiro, o Secretario Xeral e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para tratar diversos temas cruciais para o avance do sistema educativo na comunidade e das condicións laborais das súas traballadoras e traballadores. A xuntanza abarcou numerosas temáticas que afectan a múltiples colectivos profesionais e varias etapas educativas.