O 4 de abril de 2024, constituíuse unha comisión negociadora co obxecto de negociar o plan de igualdade de ADACECO.
A Federación de Ensino de CCOO, como un dos sindicatos mais representativos do sector e do territorio, participou na negociación deste plan de igualdade.
Unha vez analizado o diagnóstico de situación de ADACECO e analizadas as respostas á enquisa online anónima; acordouse unha serie de medidas que ten por obxecto a igualdade efectiva entre homes e mulleres, que serán de aplicación ao longo da vixencia do plan de igualdade e que abarcan as seguintes areas de actuación:
Área de Procesos de selección e contratación
- Crear e manter un rexistro coas ofertas de emprego da entidade recollendo datos do sexo/xénero das persoas aspirantes que van pasando por cada unha das fases dos procesos
- Elaboración dun procedemento de selección de persoal que inclúa todas as fases do proceso, desde a detección da necesidade, elaboración da oferta, difusión, preselección e selección. Tamén debe incluír as ferramentas necesarias para a súa aplicación (esquema ou ficha de oferta, guión de entrevista, etc.)
- Deseño dun procedemento de benvida que inclúa un protocolo e as ferramentas necesarias para desenvolvelo (carpeta coa documentación necesaria, etc.)
Área de Formación
- Formación específica en perspectiva de xénero nos procesos de selección e RRHH para as persoas que participan nos procesos de selección de persoal e RRHH
- Elaboración dun procedemento tanto de solicitude e acceso a formación como de detección de necesidades formativas para implementar plans de formación periódicos na entidade
- Incluír unha cláusula nos contratos con empresas externas que impartan as formacións de que aplican a perspectiva de xénero nos contidos e metodoloxía
- Formación en igualdade básica no entorno laboral para o persoal da entidade e para a Xunta Directiva
- Formación en acoso e xestión das diversidades no entorno laboral, especialmente LGTBI para todo o persoal e a Xunta Directiva
- Formación en comunicación inclusiva para o persoal responsable de emitir comunicacións, deseñar materiais, etc.
- Formar ao persoal en PRL con perspectiva de xénero, mellorando a saúde das traballadoras e tomando consciencia dos riscos específicos relacionados co xénero
Área de Promoción profesional
- Difundir ofertas de emprego e/ou vacantes a cubrir (por baixas, permisos, etc.) a nivel interno de maneira que poidan aspirar as persoas ás que as vacantes lles poidan supoñer unha mellora profesional, priorizando a súa contratación
Área de Clasificación profesional, retribucións e auditoría retributiva
- Actualizar o documento relativo á descrición dos postos de maneira que recolla todos os postos de traballo da entidade, as funcións reais e manteña coherencia coa VPT realizada
- Promover e priorizar incrementos de xornada nos postos onde se produce maior parcialidade, comezando polos postos de AUXILIAR DE ENFERMERÍA e TERAPEUTA OCUPACIONAL. Priorizando sempre as melloras de xornada internamente ás persoas con xornadas pariciais sobre as contratacións externas
- Promover a incorporación do sexo infrarrepresentado especialmente nos postos de CONDUTOR/A e AUXILIAR DE ENFERMERÍA
- Facer un seguimento bianual das retribucións mediante o uso da ferramenta de Igualdade Retributiva cando se reciba o Rexistro Retributivo do ano natural anterior ao seguimento
Área de Condicións de traballo
- Elaborar un procedemento no que se inclúan as condicións que se teñen que dar para acceder ao teletraballo e a medidas de flexibilidade horaria, procedemento de solicitude, etc.
- Elaborar un estudo cos tempos, distribución de tipos de contratos e xornadas, horas extras/complementarias, etc. desagregadas por sexos
Área de Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal e laboral
- Promover e facilitar información sobre medidas de corresponsabilidade e formación ao respecto (vinculada á conciliación)
- Elaborar un protocolo de desconexión dixital
- Elaborar un procedemento no que se inclúan as condicións que se teñen que dar para acceder ao teletraballo e a medidas de flexibilidade horaria, procedemento de solicitude, etc. Incluír neste procedemento o rexistro de permisos, tanto os formais como os puntuais solicitados, desfrutados e denegados (coas motivacións)
- Recoller nun documento accesible a todo o persoal, as medidas de conciliación; tanto as recollidas por lei, como en convenio, como as que se promoven na entidade
- Ampliación da redución de xornada por garda legal ata os 14 anos. No caso de redución de xornada por coidado de familiares só se esixirá convivencia coa persoa sen necesidade de demostrar grao de consanguinidade. Posibilitar a redución de xornada por coidados a partir dun mínimo inferior ao permitido legalmente
- Garantir o dereito de reserva do posto de traballo durante todo o tempo de excedencia por coidado de fillos ou fillas ou de familiares ou persoas dependentes, podendo facer uso da excedencia durante un tempo máximo de tres anos (abondando con indicar que se fai uso dela para o coidado, con independencia da idade da/do menor ou de se o familiar convive ou non no mesmo domicilio). Na excedencia voluntaria garantir a reserva do posto durante o 1º ano
- A persoa traballadora terá dereito a ausentarse do traballo por causa de forza maior, cando sexa necesario por motivos familiares urxentes relacionados con familiares ou persoas convivintes, en caso de enfermidade ou accidente que faga indispensable a súa presenza inmediata. Entenderanse por forza maior aquelas situacións non previstas con anterioridade e que precisen a comparecencia ineludíble e urxente da persoa traballadora (chamada desde servizos de coidados de persoas a cargo -escolas, centros de día, etc.-, de servizos de emerxencias, sanitarios, etc. que teñan que ver coas persoas convivintes a cargo ou con situacións de emerxencia)
- Permitir a adaptación da xornada para a asistencia aos cursos de formación sempre e cando a actividade e a organización do traballo o permitan. Valorar a redución de xornada en casos concretos que poidan supoñer unha mellora profesional da persoa no posto de traballo
- Realizar enquisa anónima bianual, para saber demandas e necesidades do persoal para conciliar
- Facilitar a flexibilidade para conciliar no período de adaptación escolar na etapa de infantil, buscando opcións de recuperación do tempo previsto antes, durante ou despois do período de adaptación e de acordo coa dirección da entidade
- Facilitar na medida do posible a xornada continuada fronte a partida como medida de conciliación, sempre que a organización do traballo o permita e de acordo coa dirección
- Recoñecer o dereito ao descanso mínimo por xornadas de máis de 6 h. como tempo efectivo de traballo
Área de Prevención do acoso
- Elaboración dun folleto resumo do protocolo antiacoso para difundir na entidade e co resto de axentes afectados (voluntariado, empresas provedoras, visitas…). Difundir a elaboración tanto do protocolo como do folleto para que teña acceso todo o persoal
- Sensibilización mediante difusión de materiais sobre prevención de detección de violencia de xénero
- Elaborar un plan de actuación ante posibles casos de violencia de xénero que se poidan producir no entorno da entidade, que inclúan medidas informativas (recursos, dereitos laborais, etc.), e de acompañamento ás vítimas
Área de Saúde laboral
- Incorporar a perspectiva de xénero no plan de PRL da entidade e difundir, formar e informar ao persoal. Recoller casos de prestacións por riscos laborais e informar de como acceder en temas como risco no embarazo e en que semana, lactación e outras medidas de risco, para protexer as persoas traballadoras en función do xénero, incluíndo avaliacións de riscos psicosociais
- Adaptar os vestiarios ás características físicas especiais da muller en estado de xestación e facilitar para aquel persoal que fique en proceso de lactación natural, a posibilidade de contar cun espazo habilitado para a extracción e refrixeración do leite materno
Área de Comunicación
- Avaliar a utilidade aplicada á entidade da ferramenta CRM e valorar melloras ou incorporación doutras ferramentas mais axeitadas
- Elaborar ou reutilizar algún manual existente en materia de comunicación inclusiva para aplicar a nivel xeral na entidade
- Revisión e corrección de toda a documentación, web, formularios, etc. en linguaxe inclusiva
Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco no correo electrónico planesdeigualdad@fe.ccoo.es