Hoxe celebrouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago o Consello Federal de CCOO Ensino. Á sesión deste órgano acudiron delegadas e delegados de todas as comarcas de Galicia en representación dos distintos sectores de Ensino Público, Ensino Privado, Docentes de Relixións, Persoal de Servizos Educativos e Complementarios (PSEC) e Universidade.
Na reunión aprobouse o Informe da Secretaría Xeral e tamén unha proposta de resolución polo Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ que pode consultarse no seguinte informe.