12 medidas urxentes e necesarias para o 0-3

O abismo que existe entre a importancia dunha etapa educativa tan fundamental como a de 0-3 e as condicións en que se encontran as súas traballadoras non pode continuar nin un minuto máis. CCOO, como primeiro sindicato do país e do sector, asumimos a responsabilidade de poñer enriba da mesa propostas claras e viables así como de impulsar a mobilización e a negociación para conseguilas.

Facemos pública esta plataforma reivindicativa como unha chamada a todas as Administracións educativas implicadas, ás patronais e a toda a sociedade para poñérmonos mans á obra. E ás traballadoras e traballadores do 0-3 dicímoslles: CCOO, coma sempre, ao voso carón para organizar a protesta e conseguir melloras.

Avanzar cara a un modelo universal, público, gratuíto, equitativo e con calidade, que garanta oportunidades educativas para todo o mundo:

1. Plan de investimento estable e finalista que garanta a plena integración do 0-3 no sistema educativo.

2. Ampliación da rede pública de prestación directa.

3. Plan de internalización para as escolas infantís externalizadas.

Establecemento dunha regulación básica estatal que garanta:

4. As ratios recomendadas pola Unión Europea:

  • 0-1 anos: 4 nenos/as por persoa adulta;
  • 1-2 anos: 6 nenos/as por persoa adulta;
  • 2-3 anos 8 nenos/as por persoa adulta.

5. Apoios educativos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Homoxeneización progresiva das condicións laborais

6. Revisión do convenio estatal, para ir mellorando e homoxeneizando as condicións laborais das persoas traballadoras do sector.

7. Desenvolvemento de mecanismos que aseguren a igualdade de condicións para funcións equivalentes, independentemente do modelo de xestión para todas as traballadoras.

Dignificación das categorías profesionais

8. As educadoras infantís que traballan na Administración pública deben ter recoñecemento do grupo B, dado o requisito de titulación esixido e necesario.

9. Igualmente, no ámbito privado deben ter a consideración de técnicos/as superiores de FP, cos conseguintes salarios desta categoría profesional.

Revisión da xornada laboral

10. A atención directa ha reducirse ampliando persoal e garantindo atención adecuada e suficiente ás nenas e nenos.

11. Recoñecemento como xornada efectiva das horas de atención indirecta para programar, organizar e avaliar.

12. Formación en horario laboral de todas as traballadoras para adaptarse aos cambios curriculares e normativos, así como ás innovacións educativas.

12 medidas urxentes e necesarias para o 0-3 (PDF)