Que non te enganen! CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente

Algunhas cuestións requiren unha explicación detallada para que se coñeza a verdade.

Defendemos as condicións laborais de todo o persoal docente, sexa no ensino concertado ou no público. Non somos indiferentes a ninguén.

CCOO presentou na Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe para o Anteproxecto de Lei que modifica as condicións para o desempeño da docencia en atención á redución da carga lectiva máxima, en concreto, un máximo de 23 horas en Infantil e Primaria, e de 18 horas en Secundaria.

No seo da devandita Comisión Permanente (9 de decembro de 2025), debateuse a aplicación das melloras das condicións laborais do profesorado, recollidas no Anteproxecto de lei (tamén para o profesorado do ensino concertado) e, como non pode ser doutra forma, xa que a Federación de Ensino de CCOO defende os intereses de todas e todos os traballadores, finalmente, e grazas ao apoio de CCOO a esta medida, aprobouse a súa inclusión no preceptivo informe deste órgano consultivo e recolleuse no informe da ponencia que foi aprobado no plenario do devandito órgano o pasado 12 de febreiro de 2026.

Agora xa tes toda a información. Xa sabes, CCOO defende e defenderá as condicións laborais de todo o persoal docente, sexa no ensino concertado ou no público. Somos un sindicato de clase. Que non te enganen. Non somos indiferentes a ninguén.