O número de universidades privadas supera por primeira vez o de públicas

Por primeira vez, o sistema universitario español contará con máis universidades privadas ca públicas no curso 2026-27. Analizamos o caso da nova Universidade de Mallorca e advertimos dun cambio de modelo que favorece a mercantilización da educación superior, nun contexto de infrafinanciamento da universidade pública e de falta de control efectivo na creación de novos centros.

Aprobada no Congreso a Lei de Ensinanzas Artísticas Superiores

O Congreso aproba o texto definitivo da Lei de ensinanzas artísticas superiores

Para CCOO é unha boa noticia que, despois de tanto esforzo, se aprobara hoxe a nova lei. Non obstante, esta ten moitas carencias, polo que o sindicato seguirá traballando en solucionalas nos posteriores desenvolvementos normativos.