CCOO forza que a LUPA entre no debate constitucional

A universidade pública deféndese actuando CCOO presentou o pasado mes de maio un escrito dirixido ao Defensor do Pobo no que solicita a presentación de recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026, de 6 de marzo, Universitaria para Andalucía (LUPA), publicada no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía. Desde CCOO entendiamos que a LUPA contiña elementos que poderían vulnerar … Ler máis

O número de universidades privadas supera por primeira vez o de públicas

Por primeira vez, o sistema universitario español contará con máis universidades privadas ca públicas no curso 2026-27. Analizamos o caso da nova Universidade de Mallorca e advertimos dun cambio de modelo que favorece a mercantilización da educación superior, nun contexto de infrafinanciamento da universidade pública e de falta de control efectivo na creación de novos centros.

Novo escándalo no sistema de protección de menores que evidencia o fracaso do modelo privatizado

Desde CCOO denunciamos unha vez máis o modelo de xestión do sistema de protección de menores, profundamente deteriorado pola privatización, a falta de control por parte das administracións públicas e o abandono sistemático dos dereitos tanto dos menores como das persoas traballadoras.