EdugalIA: unha iniciativa en marcha que precisa diálogo, participación e garantías para o sistema educativo

Galicia ten a oportunidade de situarse á vangarda dun modelo educativo dixital que poña as persoas no centro. Para iso, é necesario partir das recomendacións internacionais e das demandas do profesorado galego.
CCOO seguirá traballando para que a innovación non sexa sinónimo de precariedade nin de perda de control público sobre o sistema educativo.

Novo escándalo no sistema de protección de menores que evidencia o fracaso do modelo privatizado

Desde CCOO denunciamos unha vez máis o modelo de xestión do sistema de protección de menores, profundamente deteriorado pola privatización, a falta de control por parte das administracións públicas e o abandono sistemático dos dereitos tanto dos menores como das persoas traballadoras.