O adianto electoral deixa no aire varias cuestións e proxectos normativos no ámbito universitario

O adianto electoral do 29 de novembro deixa no aire importantes proxectos normativos e negociacións pendentes no ámbito universitario. Desde CCOO reclamamos ao Goberno que axilice a tramitación das medidas necesarias para garantir o futuro do sistema universitario público.