A Xunta presume de coidar o ensino concertado, pero esquece a quen o sostén

CCOO Ensino denunciamos que a Xunta presume de apoiar o ensino concertado mentres mantén bloqueadas as melloras salariais e laborais das súas profesionais. Esiximos que o financiamento público garanta condicións dignas e que a Administración deixe de confrontar as traballadoras dos distintos ámbitos educativos e sociais.

Urxe adaptar a atención á diversidade á realidade actual dos centros educativos galegos

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF, como organizacións asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora do sistema educativo galego”, vimos de rexistrar formalmente ante a Consellería de Educación unha solicitude de adaptación dos recursos de atención á diversidade á realidade actual dos centros educativos.