Desde CCOO Ensino chamamos a que todo o persoal dos centros educativos galegos se mobilice o vindeiro mércores, 15 de outubro.
A convocatoria de paros parciais realizada de forma conxunta por CCOO e UGT busca amosar o apoio da sociedade do noso país ao pobo palestino e en protesta contra o xenocidio perpetrado por Israel en Gaza.
Os paros realizaranse nas tres quendas:
– De 02:00 a 04:00 horas (madrugada do 15 de outubro).
– De 10:00 a 12:00 horas (quenda de mañá).
– De 17:00 a 19:00 horas (quenda de tarde).
O rexistro e formalización da convocatoria garante que as persoas traballadoras que queiran participar nos paros, concentracións, asembleas ou lecturas de manifestos nos seus centros de traballo poidan facelo con total seguridade xurídica, dentro do marco da lexislación española.
Ideas e materiais
Por outra banda, puxemos a disposición da comunidade educativa unha serie de ideas e materiais para traballar co alumnado ao longo da semana e que debe servir tamén para educar en valores como o respecto aos dereitos humanos, a preservación da paz e a defensa da xustiza social.
Comparte as túas accións solidarias
Desde CCOO Ensino animamos a toda a comunidade educativa a que nos faga chegar, a través do enderezo comunicacion.ensino@galicia.ccoo.es, as imaxes e vídeos dos paros, concentracións, adhesións á declaración (ODT – DOCX) de Marea Palestina, murais, minutos de silencio, lecturas de nomes de vítimas e cantas outras actividades se realicen nos centros educativos ou nas vilas e cidades por toda a xeografía galega.
Modelo de adhesión
Está dispoñible un modelo de adhesión á convocatoria do 15 de outubro, específico de CCOO e UGT, independente da declaración de adhesión anterior de Marea Palestina.
➡️ Descargar modelo de adhesión (ODT – DOCX)
Modelo de comunicación
Por último, poñemos igualmente á vosa disposición dous modelos de comunicación voluntaria: un dirixido ao ámbito privado (para presentar na empresa) e outro ao ámbito público (para presentar na xefatura territorial da provincia correspondente).
É importante lembrar que non é necesario nin obrigatorio comunicar previamente a asistencia a unha folga, xa que se trata dun dereito fundamental que pode exercerse libremente sen aviso previo.
Estes modelos teñen un único obxectivo: solicitar que o importe do desconto salarial derivado da folga sexa doado a unha ONG con fins humanitarios en apoio ao pobo palestino. Por tanto, poden presentarse despois de asistir á folga.
➡️ Ámbito privado: descargar modelo de comunicación (ODT – DOCX)
➡️ Ámbito público: descargar modelo de comunicación (ODT – DOCX)
Servizos mínimos
A partir da páxina 69:
