5 ideas prácticas para facer o 15 de outubro no teu centro educativo

Desde CCOO Ensino lanzamos unha serie de ideas para poder realizar actividades ou accións en apoio a Palestina desde os centros educativos.

Por que? A historia demostra que a solidariedade internacional pode salvar vidas. O 15-O paramos para esixir o fin do xenocidio en Gaza, denunciar as vulneracións de dereitos humanos e reclamar un futuro de paz e xustiza.

Tedes todo o material nas ligazóns descargables do final da noticia.

  • Compartide co voso alumnado o xenocidio que está a sufrir Palestina. Tedes materiais en fe.ccoo.es/Palestina.
  • Concentrádevos no patio ou nun lugar aberto cos carteis do link e facede fotos e vídeos para compartilos en redes sociais.
  • Facede lectura dos nomes das nenas e nenos asasinados en Gaza
  • Se podedes, desprazádevos ata un lugar céntrico da vosa localidade e facede unha concentración con todas as veciñas e veciños.
  • Facede un taller (lembrade, todos os grupos e nun lugar aberto) de confección de materiais por Palestina: bandeiras, camisetas estampadas, colgantes cunha sandía… IMAXINACIÓN!

Materiais:

Cartel Stop Xenocidio Palestina – 15-O

Listaxe de nenas e nenos asasinados en Gaza