Que dereitos e que retos existen no ámbito laboral ante a dixitalización?

O pasado 12 de novembro, a Fundación 1.º de Maio organizou unha xornada sobre «A Carta de Dereitos Dixitais e a súa implicación no ámbito laboral», que tivo lugar na Escola de Relacións Laborais da UCM.

A Secretaría de Saúde Laboral de FECCOO interveu expoñendo os retos e oportunidades da dixitalización e a intelixencia artificial no eido educativo, pasando polo dereito á desconexión.

Durante este proceso, a Federación de Ensino colaborou para poder crear esta guía de dereitos laborais do ámbito educativo.

Estas guías elaboráronse co obxectivo de dar a coñecer o contido da Carta de Dereitos Dixitais e ofrecer claves para a súa aplicación mediante a negociación colectiva e o diálogo social.

Despois desta presentación, desenvolveuse unha mesa redonda, moderada por Juan José González Zamora, centrada nos retos e oportunidades dos dereitos dixitais para a acción sindical, na que participaron delegados e delegadas de CCOO: Álvaro Garrido Romero, pola Federación de Industria de CCOO; Lourdes Núñez Cumplido, da Federación de Ensino, e Javier de Dios Bernal, da Federación de Servizos.

Esta guía pode serche moi útil para desempeñares o teu traballo.