Campaña de vixilancia da saúde 2025/26 (recoñecementos médicos)

Actualización 01/10/2025: Dadas as incidencias na solicitude de citas para os recoñecementos médicos específicos, desde o Servizo de Prevención da Consellería de Educación comunícannos que están traballando para resolver o problema o antes posible. Mentres tanto, as persoas afectadas poden solicitar por correo electrónico a servizodeprevencion@edu.xunta.gal a súa cita de recoñecemento médico específico.
  • A campaña comeza hoxe, venres, 26 de setembro de 2025.
  • Campaña para o persoal traballador, docente e non docente, que presta servizos en centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • As solicitudes realízanse no portal de vixilancia da saúde.
  • Tres prazos de inscrición:
    • Persoal nomeado antes da data de inicio da campaña (26/09/2025)
      • Do 26 de setembro ao 31 de outubro de 2025
    • Persoal que toma posesión con data igual ou posterior ao 26/09/2025
      • Do día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión
    • Persoal substituto
      • Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 1 de setembro de 2025, ou dende o día seguinte ao nomeamento, se fose posterior a esa data

Resolución

Instrucións

Preguntas frecuentes

Resumo prazos de inscrición