Toda a información da Mesa sectorial de persoal funcionario do 22 de setembro de 2025

O 22 de setembro de 2025 tivo lugar a xuntanza da mesa sectorial de persoal de persoal funcionario público, na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:

Proxecto de acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Rural

Esta RPT foi negociada en varias reunións anteriores e logo da denuncia pública feita por esta organización sindical o pasado venres, a Directora de emprego público e administración do persoal nos traslada na mesa sectorial celebrada no día de hoxe, a retirada da amortización de 15 postos de traballo do SPIF (2 prazas de ODCIF e 13 de vixilante fixo).

CCOO tamén lle trasladou que mantiña as mesmas alegacións presentadas por escrito no referente a apertura de prazas a outras administracións públicas.

Proxecto de acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Esta modificación ven dada para garantir, tal e como se establece na memoria funcional, que as persoas adxudicatarias de postos de traballo pola resolución do 9 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias afectados por autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se establecen medidas cautelares, poidan tomar posesión en postos de iguais características.

Dende CCOO xa lle trasladamos a Directora xeral no seu momento que unha posible solución a este problema pasaba pola creación de postos de iguais características tanto en nivel como en localidade para garantir os dereitos dos e das empregadas públicas participantes no concurso.

En relación ás prazas de nova creación do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2), escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica forestal, desde CCOO lle trasladamos que esas prazas se deberían crear con niveis máis altos dos que se estaban creando, xa que un nivel 18 para estes postos coa funcións e responsabilidades que teñen, non nos parece o máis axeitado.

En relación a retirada do requisito de doutoramento, lle manifestamos que se a medida é para garantir a toma de posesión das persoas que superaron procesos selectivos e sempre e cando non sexa unha medida vaia en detrimento do servizo público e da investigación nos parecía unha medida adecuada aínda que nos poidan parecer demasiadas as prazas ás que se lle aplica esta retirada de requisito.

Rogos e preguntas

Concursos de traslados: A directora de Emprego Público ante a solicitude de un cronograma coas datas previstas para a resolución dos diferentes concursos en marcha nos informa de que están traballando para poder publicalos no mes de outubro. En referencia ao concurso dos axentes ambientais, comenta que foi máis difícil de facer a baremación polo cambio de niveis que tivo este colectivo nos últimos anos.

Sobre a toma de posesión do colectivo de gardacostas e profesores numerarios que xa teñen a baremación definitiva non se pronunciou a hora de dar unha data concreta; a súa resposta foi que proximamente se publicará no DOG.

Tampouco quixo manifestarse sobre se a solución adoptada de duplicar prazas para solucionar a problemática das escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias afectados por autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se establecen medidas cautelares, sería a mesma no caso de que houbese novas medidas cautelares ou sentenzas. Limitándose a dicir que “se tomarán as medidas oportunas segundo os casos”.

Solicitude dun cronograma para as tomas de posesión lei 20/2:. non se compromete a dar datas, xa que estas eleccións de destino van ligadas as tomas de posesión dos concursos de traslados, o que confirma e que coordinarán as tomas de posesión para que estas se realicen o mesmo día.

Con respecto ao calendario publicado pola Dirección de Emprego Público no tocante aos procesos selectivos. A Directora informa que cumprirán co calendario publicado.