Que non te enganen! CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente

CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente, tanto no ensino público como no concertado. Por iso, presentamos no Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe do Anteproxecto de Lei para reducir a carga lectiva máxima: até 23 horas en Infantil e Primaria e 18 horas en Secundaria. Esta mellora foi incorporada ao informe preceptivo do órgano consultivo tras o debate na Comisión Permanente (9 de decembro de 2025) e quedou recollida no texto aprobado polo Pleno o 12 de febreiro de 2026. En CCOO seguimos traballando para que os avances cheguen a todo o profesorado, sen excepción.

Compensación de festivos en día de descanso: recente sentenza e resolucións

As recentes resolucións do Tribunal Supremo establecen que, cando un festivo coincide co descanso semanal, debe compensarse: o festivo non se “perde”. No ámbito educativo, esta interpretación afecta a convenios como Acción e intervención social, Reforma xuvenil e protección de menores, Ocio educativo e animación sociocultural e Atención a persoas con discapacidade. Porque os descansos son un dereito.