A Consellería corrixe por fin o erro no cálculo de sexenios e titoría do 2025

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP informamos ao profesorado galego de que a Consellería de Educación regularizou as cantidades pendentes e corrixiu o erro aplicado en 2025 no cálculo dalgúns complementos retributivos vinculados ao Acordo sobre medidas de mellora asinado a finais de 2023.
Coa publicación onte, día 26 de xaneiro, da Orde de confección de nóminas para o ano 2026, tamén damos por bos os cálculos para a aplicación da parte fixa da suba para este exercicio.

COA NÓMINA DE XANEIRO O PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO EMPEZARÁ A PERCIBIR TAMÉN O PAGAMENTO POR CARREIRA HORIZONTAL 

O desenvolvemento da carreira horizontal, tamén para o persoal investigador e de apoio á investigación, xunto coa estabilización como persoal fixo dos contratos máis antigos e o desenvolvemento da contratación indefinida foron, nestes últimos anos, algúns do principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC.  Agora, unha vez que xa se superaron todos os trámites e notificacións individualizadas, podemos confirmar que o … Ler máis

Categorías USC

A COMISIÓN DE SEGUIMENTO APROBA O PAGO DUN NOVO TRAMO DA CARREIRA HORIZONTAL, TAMÉN CON EFECTOS DE 2025

A carreira horizontal xunto co desenvolvemento e posta en marcha da promoción interna independente e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a persoal funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. En todos estes temas téñense producido avances importantes para o persoal da USC, todos eles … Ler máis

Categorías USC