Hoxe, 29 de xaneiro, constituíse a Mesa Negociadora do VIII Convenio de Ensino Concertado, na que CCOO teremos dous vogais cunha representatividade do 10,53 %.
Por outro lado, establecéronse reunións da Mesa Negociadora para os días 18 de febreiro e 4 de marzo.
A bancada sindical trasladou en conxunto a necesidade de afrontar esta negociación con especial atención e pondo énfase na importancia do convenio para o sector afectado.
A pretensión é que sexa unha negociación áxil e comprometida co sector e, ao tempo, que todos os temas se traten coa seriedade necesaria.
Desde CCOO traballamos nunha plataforma reivindicativa que recolle as melloras necesarias das condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector. Este labor, que vimos realizando previamente, será trasladado aos membros da Mesa.
Finalmente, a nosa organización está absolutamente comprometida coa mellora urxente e necesaria do Convenio de Ensino Concertado.
