O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades estima o recurso presentado por CCOO e modifica a convocatoria de sexenios 2025

Publícase unha resolución que, agora si, permítelle ao profesorado a tempo parcial percibir o complemento salarial de sexenios asociado á avaliación positiva da súa actividade investigadora sen ter que esperar a prestar servizo na universidade en réxime de dedicación a tempo completo

Logro sindical na negociación de condicións do persoal interino e substituto

CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP, como organizacións sindicais asinantes do Acordo
para as condicións de traballo do persoal interino e substituto informamos dun avance
fundamental alcanzado polos catros sindicatos e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no seo da comisión de seguimento deste Acordo.

Publicado o Calendario Laboral da USC para 2026

Coma todos os anos, a sección sindical de CCOO da USC publicamos o novo calendario laboral para este ano 2026 No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC.Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para … Ler máis

Categorías USC

Sinatura do III Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social

Comisións Obreiras e UGT Servizos Públicos informan de que se asinou o III Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social. O novo convenio é o resultado dun proceso de negociación complexo e esixente, desenvolvido nun contexto especialmente difícil para o sector, no que finalmente se melloran as condicións laborais e salariais das persoas traballadoras do ámbito da acción e … Ler máis