CCOO insiste en esixir que se implanten as 35 horas, a clasificación profesional e a xubilación parcial nas administracións públicas

A Área Pública de CCOO esixe que se culmine a implantación dos asuntos pendentes aínda do anterior acordo para as administracións públicas.

A Área Pública de CCOO demándalle á Secretaría de Estado de Función Pública a plena implantación da xornada de 35 horas, a clasificación profesional e, de maneira prioritaria, a recuperación da xubilación parcial do persoal laboral.

Unha vez asinado o Acordo Marco para a mellora do emprego público e o servizo á cidadanía, entre o Goberno de España e CCOO xunto a UGT e CSIF, para a Área Pública de CCOO a prioridade debe ser culminar o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI que, entre outras materias, pasa pola implantación da xornada de 35 horas na Administración Xeral do Estado, comprometida para febreiro; a clasificación profesional de técnicos superiores e medios, e a implantación da xubilación parcial de persoal funcionario e estatutario.

Igualmente, para este sindicato é indispensable recuperar decontado a xubilación parcial de persoal laboral, hoxe paralizada pola esixencia dun contrato indefinido de remuda, feito que non tivo en conta a singularidade do sector público no acceso ao emprego público. CCOO reclama unha solución xa. Se non, tomaranse as accións que o sindicato considere necesarias para recuperar este dereito.

Por último, unha vez conseguido o cobramento dos incrementos retributivos de 2025 (a maioría das Administracións públicas aboáronos xa ou teñen previsto facelo este mes de xaneiro), CCOO comunicou a Función Pública as súas prioridades para o desenvolvemento do novo acordo: a actualización de indemnizacións por razón de servizos, pluses de residencia e insularidade, os permisos, a revisión de clases pasivas ou as melloras nos procesos selectivos, a promoción profesional ou o emprego público, entre outras materias.