CCOO na primeira mesa de negociación do Convenio de CEE

Este mércores celebrouse a primeira mesa de negociación do Convenio de centros especiais de emprego de Galicia, despois da súa constitución, o pasado 19 de xaneiro.

CCOO somos o sindicato maioritario no sector e iso non é casualidade. É o resultado dun compromiso total e absoluto coas persoas traballadoras e de facer un sindicalismo útil, serio e responsable.

Nós fixemos os deberes co firme propósito de negociar sen prexuízos nin bloqueos, e presentamos unha plataforma reivindicativa realista, traballada e sólida; pensada para mellorar as condicións laborais de todas as persoas traballadoras do sector.

Esta plataforma aposta por:

  • Mellores salarios e recuperación do poder adquisitivo.
  • Máis estabilidade no emprego.
  • Conciliación real da vida laboral e persoal.
  • Mellores permisos, xornadas máis xustas e máis dereitos.
  • Máis protección en saúde laboral.
  • Máis recursos para as persoas traballadoras con discapacidade.

Porque un convenio non é un papel. É a vida diaria de miles de persoas traballadoras. CCOO vai estar nesta negociación coma sempre: defendendo dereitos, defendendo dignidade e defendendo futuro.