Incremento salarial do 2% no pagamento delegado da concertada

Xa están dispoñibles as táboas salariais actualizadas para o persoal da ensinanza concertada con pagamento delegado. Inclúen un incremento do 2% nas retribucións, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024, . Este aumento aplícase a todos os conceptos salariais, de acordo co previsto para o ano 2024 no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO.

O incremento aplicarase na nómina de novembro e os atrasos (de xaneiro a outubro) pagaranse na nómina de decembro.

infórmaTE: táboas salariais (PDF)

Comunicado da Consellería (PDF)