Intervención de CCOO no Consello Galego da Formación Profesional do 26 de xuño de 2025

O xoves, 26 de xuño, CCOO participamos na sesión do Consello Galego da Formación Profesional. Presentamos a nosa posición sobre o proxecto de Decreto de ordenación da FP en Galicia. Na nosa intervención puxemos o foco en cinco cuestións estruturais que consideramos imprescindibles para garantir unha formación profesional ao servizo do interese público, da cohesión social e do desenvolvemento sostible.