A implantación da FP Dual que necesitamos

Desde a Federación de Ensino de CCOO lanzamos unha campaña para denunciar as dificultades e deficiencias na implantación e desenvolvemento da Formación Profesional Dual.

Nos sucesivos comunicados subliñaremos aspectos clave que están a supor un retroceso máis ca un avance para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior como, por exemplo, a súa implantación improvisada, o auxe exponencial da privatización, as dificultades á hora de realizar a fase práctica, unha innegable falta de dotación e recursos, e a degradación das condicións laborais do seu profesorado, entre outras.

É urxente un cambio de rumbo por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional e da Consellería de Educación sobre estas insuficiencias e a aplicación das mudanzas adecuadas nas distintas mesas de negociación para conseguir unha Formación Profesional pública, de calidade e con recursos.

Díptico informativo FP Dual