CCOO Ensino traslada ao PSdeG as reivindicacións pendentes do ensino e dos sectores socioeducativos

Nas últimas dúas semanas, CCOO Ensino mantivo dúas reunións co grupo parlamentario do PSdeG para abordar a situación do ensino público non universitario, do Persoal de Apoio Educativo, do persoal do ensino privado e concertado e dos sectores socioeducativos.

Valoración de inicio de curso 26-27

CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.

CCOO logra desbloquear a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas

O Real decreto-lei aprobado polo Goberno permitirá recuperar a xubilación parcial para o persoal laboral das administracións públicas, tamén no ámbito educativo: universidades, persoal de apoio educativo e profesorado de Relixión.

CCOO Ensino rexeita as limitacións ás actividades complementarias e reclama respecto pola autonomía dos centros

Na Mesa Sectorial celebrada no día de hoxe, desde CCOO Ensino manifestamos a nosa oposición ás novas instrucións da Consellería para o curso académico 2026/27. Consideramos que supoñen unha inxerencia innecesaria na autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, que son quen mellor coñecen as necesidades do seu alumnado.